DUVI | Nacido no ámbito educativo co propósito de solucionar problemas de aprendizaxe, o BrainGym é un método de exercicio físico baseado no movemento cuxo uso foi estendéndose a outro tipo de poboacións, como as persoas maiores. Analizar os seus posibles beneficios á hora de retardar o deterioro cognitivo de anciáns e anciás era o obxectivo central da investigación que Ángel Casal desenvolveu con usuarios e usuarias de tres residencias xeriátricas para a súa tese de doutoramento. Os resultados deste estudo, explica, confirman a viabilidade da aplicación deste método rexistrado con esta poboación, así como as melloras que xera en aspectos físicos, mais non que este achegue beneficios no referido ao deterioro cognitivo, unha patoloxía, sinala, que presenta “unha alta porcentaxe da poboación das residencias”.
Unha tese analiza os efectos do programa BrainGym en persoas maiores con deterioro cognitivo
