DUVI | O teléfono intelixente ou smartphone é “un recurso multifunción e omnipresente na sociedade actual, especialmente nas xeracións máis novas”. Polos crecentes perigos e potencialidades que ofrece, na súa tese de doutoramento, a investigadora da UVigo e educadora social Sara Martínez analizou desde unha perspectiva socioeducativa o impacto destes teléfonos intelixentes entre as e os adolescentes. Froito do estudo realizado reivindica o papel da educación social para a prevención no seu uso.