Unha tese avanza na creación dun sistema de predición de mareas vermellas en tempo real

Mexilón

DUVI | Un dos principais problemas ambientais, de saúde e económicos nas Rías Baixas é a aparición de mareas vermellas tóxicas debidas á proliferación masiva (Floracions de Algas Nocivas – FAN – ou  blooms) de microalgas como Pseudo-nitzschia spp., causantes de múltiples problemas de saúde, desde simples diarreas a cuestións máis serias como parálise ou procesos amnésicos. Pese á relevancia desta cuestión, actualmente Galicia segue a carecer dun sistema preditivo destes fenómenos en tempo real, algo que pode mudar, tal e como se adianta na tese de doutoramento do enxeñeiro Francisco Bellas Aláez, cuxos resultados permiten avanzar cara á consecución deste obxectivo a medio prazo.