Unha tese avanza na extracción de compostos bioactivos e xelificantes de fontes agrícolas e mariñas

DUVI | Cunha oferta limitada de materias primas e unha alta demanda de produtos saudables, na crecente busca de novas fontes de biocompostos, explica a investigadora Vanesa Sanz, o uso de subprodutos e restos industriais parecen ser “una alternativa prometedora, renovable e de baixo custe” onde se promoven prácticas “verdes e sostibles” como a bioeconomía, a economía circular e as biorrefinerías. Neste contexto, na súa tese de doutoramento, afondou na valorización de materias primas agrícolas e mariñas como novas fontes de compostos bioactivos e xelificantes.