Unha tese constata a “difusa protección” fronte ao plaxio publicitario da lexislación española

Roció Gutiérrez

DUVI | Diferentes leis poden ser aplicables en España na tramitación dunha denuncia por un suposto caso de plaxio publicitario, mais ningunha delas aborda dunha forma concreta a protección dos produtos publicitarios, o que fai que as características concretas de cada caso resulten determinantes á hora de que os tribunais recoñezan ou non a existencia dunha infracción. Esta é unha das principais conclusións da tese de doutoramento de Rocío Gutiérrez, a primeira que estuda o conxunto de normas legais e procedementos extraxudiciais que regulan o plaxio publicitario en España.