Unha tese constata que os cambios no fútbol achegan máis melloras tácticas que físicas

DUVI | A realización dos tres cambios permitidos constitúe un dos principais recursos dos que dispón un adestrador no transcurso dun partido de fútbol para lograr cambios no comportamento do seu equipo. Diferentes investigacións tiñan constatado os efectos positivos das substitucións á hora de diminuír os efectos da fatiga sobre un equipo, mostrando as melloras no rendemento físico que implicaba a entrada no campo de xogadores suplentes, mais non o que a súa incorporación supuña para o equipo desde o punto de vista técnico e táctico.