DUVI | Dar voz ás persoas con discapacidade visual para comprender mellor a súa realidade, para denunciar as barreiras ás que teñen que facer fronte na súa etapa formativa, “dentro e fóra da escola”. Esta foi a idea que levou a Pilar Carballo, pedagoga do Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra, a desenvolver un “estudo biográfico-narrativo” de dous estudantes con cegueira para a súa tese de doutoramento. Nela, constrúe as “historias de vida” destes dous alumnos, sumando ao seu relato o dos seus familiares, amigos e docentes. A través desta metodoloxía, a tese de Carballo aborda as “barreiras para a aprendizaxe e participación” das persoas con discapacidade visual e pon o foco na necesidade de “novos plans de formación do profesorado”, que abrangan braille, contidos sobre accesibilidade e metodoloxías que fomenten unha “aprendizaxe colaborativa”.
Unha tese dá voz a dous mozos con discapacidade visual para pór de relevo as barreiras educativas ás que se enfrontan
