DUVI | A optimización da produción de Vitis vinifera na Denominación de Orixe Protexida (DOP) Ribeiro. Este foi o título e o obxectivo da tese de doutoramento da investigadora da Universidade de Vigo Estefanía González. Nela, desenvolve diversos modelos de predición para o control de enfermidades no cultivo da vide baseándose nas interaccións planta-patóxeno-ambiente e no estudo dos factores influentes na produción final de uva, como son as variables aerobiolóxicas, meteorolóxicas e morfolóxicas-florais da vide. A metodoloxía proposta explicaría nun 98,9% a variabilidade dos datos de produción de uva cunha antelación de aproximadamente dous meses con respecto á colleita.