DUVI | A covid-19, o ébola, a Zika e a encefalite xaponesa son enfermidades infecciosas que polo seu impacto cuantitativo ou cualitativo na poboación afectada teñen causado un grande impacto na sociedade. Na súa tese de doutoramento, o investigador camerunés Faïçal Ndaïrou propón novos modelos matemáticos para abordar a evolución destas enfermidades e contribuír desde a ciencia á súa mellor xestión.