DUVI | Os crecentes trastornos da conduta alimentaria (TCA), son enfermidades que están influenciadas por múltiples factores: biolóxicos, psicolóxicos e socioculturais. Na súa tese de doutoramento, a investigadora e traballadora social Paula Frieiro analizou a influencia das redes sociais e da autoestima sobre estes trastornos na adolescencia e a posible resposta desde o traballo social a esta problemática. Os estudos realizados, indica, “evidencian que a socialización en redes, as variables persoais e familiares e a autoestima repercuten sobre o risco de padecer TCA”.