Unha tese explora os beneficios do deporte entre a mocidade en risco de exclusión de Guatemala

DUVI | Profesor na Universidad del Valle e director executivo da Academia Olímpica de Guatemala, Pedro Danilo Ponciano convertíase recentemente no primeiro doutor en Ciencias do Deporte formado nesta universidade guatemalteca, tras defender a súa tese na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus pontevedrés. A realidade de Guatemala, un “país multiétcnico e pluricultural que sufriu pobreza e violencia”, como sinala, constituía ademais o punto de partida da súa investigación, na que buscou coñecer os efectos do deporte en rapaces en risco de exclusión social tanto da capital como dunha rexión rural do país.