DUVI | Aínda que a esquizofrenia é un trastorno en moitas ocasións incapacitante, o diagnóstico e o tratamento precoz permite reducir o impacto do trastorno e proporcionar unha mellor calidade de vida ao paciente. Neste contexto cobran especial relevancia os resultados de estudos como o levado a cabo pola investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur Daniela Rodrigues-Amorim, autora dunha tese de doutoramento defendida na Universidade de Vigo na que conseguiu identificar varios biomarcadores en sangue que poden axudar aos psiquiatras nos seus diagnósticos e a decidir o mellor tratamento para cada paciente.
Unha tese identifica varios biomarcadores que axudarán a realizar un mellor diagnóstico e tratamento da esquizofrenia
