Unha trintena de centros educativos galegos acollerán este curso as exposicións de eXXperimenta en Feminino

DUVI | Entre as actividades divulgativas do colectivo eXXperimenta en Feminino da UVigo, composto por profesoras e investigadoras da Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias do campus de Ourense, están as exposicións As mulleres que nos levaron á lúa Mulleres na ciencia. As mostras, que queren espertar en rapazas e rapaces a vocación científica suplindo a carencia de referentes femininos no campo STEM, percorrerán de balde este curso académico arredor dunha trintena de centros educativos das catro provincias galegas.