DUVI | A Universidade e a Autoridade Portuaria de Vigo unirán as súas capacidades e recursos para promover a cultura oceánica entre toda a sociedade mediante a fusión da arte urbana e a ciencia. Así se recolle no convenio de colaboración asinado este mércores polo reitor da Universidade, Manuel Reigosa e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, que senta as bases e articula a colaboración de ambas institucións para a realización conxunta da terceira edición do programa Scientists Meet Artists, unha iniciativa impulsada e liderada pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar, creada como un lugar de encontro e diálogo ciencia e arte.