UVigo e USC realizan a primeira avaliación a grande escala da motricidade dos nenos e nenas de primaria

DUVI | Despois de deseñar unha aplicación, Alfamov, que permite avaliar o grao de adquisición das habilidades motrices básicas en nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, investigadores das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela (USC) empregarán esta ferramenta para realizar a primeira avaliación a grande escala da motricidade do alumnado de primaria que se leva a cabo en España.