UVigo SpaceLab busca alumnado de grao e posgrao de todos os ámbitos para ampliar o equipo da misión BIXO

DUVI | Cando están a piques de cumprirse dous anos do inicio da misión BIXO, o CubeSat de dous unidades que levará a bordo unha carga biolóxica para estudar como a microgravidade e a radiación afectan aos procesos de comunicación bacteriana, UVigo SpaceLab, o equipo de estudantes da UVigo que desenvolve o proxecto, avanza no deseño da estación terrea, unha parabólica de 1,8 metros de altura, que permitirá conectar desde a Terra co satélite, ademais de seguir co deseño da súa estrutura e iniciar a súa montaxe para realizar ensaios sobre os prototipos.