DUVI | Nun contexto no que moitas axencias espaciais pensan na posibilidade de realizar viaxes a Marte, unha vintena de estudantes de catro enxeñarías dos campus de Ourense e Vigo puxo en marcha UVigo SpaceLab, un equipo multidisciplinar dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais no eido da educación. Conscientes das grandes perspectivas de futuro deste sector e co apoio de investigadores e empresas, os membros de SpaceLab traballan desde hai meses nunha misión biolóxica que ten por obxectivo analizar os efectos reais da exposición prolongada dos microorganismos ao medio espacial.
UVigo SpaceLab porá en órbita un nanosatélite para analizar o comportamento de microorganismos no espazo
