Vídeo | Que facemos? Especial saúde

Que facemos? Especial saúde

O novo vídeo da serie “Que facemos?” mostra o traballo de varios grupos de investigación da Universidade de Vigo que estudan aspectos vinculados coa saúde.

Dálle ao play e descobre o seu traballo da man de

Arturo Mojón, investigador do proxecto Hygia,
Roberto Barcala e Felipe Fernández, investigadores do Grupo REMOSS,
Diana Valverde Pérez, investigadora responsable do Laboratorio de Enfermidades Raras,
e Víctor Mondelo, investigador do Laboratorio de Informática Aplicada (Lia2).

Diana Valverde, Víctor Mondelo, Ramón Hermida, Roberto Barcala e Felipe Fernández participaron na serie de podcasts ‘Ciencia de Ida e Volta’ con motivo do Día Mundial da Saúde, que contou coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e o medio de divulgación científica GCiencia.