Vídeo | Que facemos? Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

Ciencia de ida e volta

As principais liñas de investigación do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) enmárcanse nas ciencias da antigüidade, a xeografía e a ordenación do territorio e na arqueoloxía e antropoloxía cultural.

O GEAAT é un dos grupos de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.

Descobre máis sobre a súa investigación da man de Susana Reboreda, Fermín Emiliano Pérez , Elena de Uña Álvarez, e Adolfo Fernández.