Vídeo | Que facemos? Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (XESSMin)

Que facemos? Especial saúde

O novo vídeo da serie “Que facemos?” mostra o traballo do Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (XESSMin). A súa investigación céntrase no aproveitamento sostible dos recursos mineiros e enerxéticos, a mecánica de rochas, a enxeñaría cartográfica, o control da calidade de materias mediante o emprego de técnicas de visión artificial e o emprego de algoritmos matemáticos avanzados para o modelado ambiental.

O XESSMin é un dos grupos de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.

Descobre máis sobre a súa investigación da man de Santiago Pozo Antonio e María Araújo Fernández.