Vídeo | Que facemos? Grupo Estilos

Que facemos? Especial saúde

No seguinte vídeo da serie “Que facemos?” coñecemos o traballo do Grupo de investigación Estilos, integrado por persoal que traballa na lingua de signos española e no ámbito da tradución. Estilos componse de dous grupos: o Griles, que se ocupa da investigación e análise da lingua española e a lingua de signos; e o Grettel, que centra o seu estudo na tradución e socioloxía da mesma e tamén en aspectos relacionados coa mediación intralingüística.

O Grupo Estilos é un dos grupos de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.

Descobre máis sobre a súa investigación da man de Inmaculada C. Báez Montero e Ana Mª Fernández Soneira.