Co proxecto «Quero ser investigadora» pretendemos poñer en valor as contribucións e as investigacións da Universidade de Vigo mediante o traballo de dez científicas desta institución, referentes actuais para as rapazas e rapaces da nosa contorna.
Son Julia Armesto González, Lola Dopico Aneiros, Francisca Fariña Rivera, Ana Garriga Domínguez, María Lameiras Fernández, Elena Ojea Fernández Colmeiro, Lorena Otero Cerdeira, María Concepción Paz Penín, Elena Sánchez Trigo e Diana Valverde Pérez.
Agardamos que con esta iniciativa, a frase «Quero ser investigadora» sexa unha constante en moitas rapazas e reafirme moitas outras no seu intento de converterse na persoa que queiran ser, tal e como fixeron as protagonistas das nosas historias.