Vigo acolle o encontro nacional sobre ciberseguridade, “un asunto de Estado de máxima relevancia para as empresas”

DUVI | “Un asunto de Estado de máxima relevancia para as empresas”. Así se referiu esta mañá en Vigo Juan Díez, responsable do Sector Estratéxico de Saúde, Alimentación e Investigación do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España, INCIBE, ao concepto de ciberseguridade, unha cuestión que, tal e como expuxo, cobra cada vez máis importancia, sobre todo se temos en conta que a sociedade actual vive “nunha contorna xeopolítica complicada, na que o cibercrime é xa un dos grandes riscos globais”. Fixo estas declaracións na inauguración das VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, o encontro máis importante que se celebra en España sobre avances, coñecemento e innovación en ciberseguridade e no que participan 200 profesionais chegados de diferentes puntos de toda a península.