Vigo acollerá por primeira vez a XIII Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero

DUVI | Non existe ningunha estatística oficial que reflicta cantas investigadoras e investigadores españois traballan no estranxeiro na actualidade, pero aínda que as universidades e os organismos públicos de I+D tratan de reter o talento e de traer de volta o que xa optou por emigrar, este colectivo segue medrando. Algúns deles regresan á casa polo Nadal, unha boa ocasión para organizar unha xuntanza na que poidan poñer en común a súas visións, necesidades e expectativas. Este é o obxectivo da Reunión de Jóvenes Investigador@s en el Extranjero que este ano, por primeira vez, se celebrará en Vigo.