Vigo convértese esta semana en epicentro do debate sobre estudos literarios, culturais e de tradución e interpretación

A apertura do coloquio correu a cargo do director do grupo, o profesor Burghard Baltrusch

DUVI | As investigadoras e investigadores en estudos literarios, culturais e tradución e interpretación teñen esta semana unha cita na Facultade de Filoloxía e Tradución, onde este luns botou a andar o I Coloquio Internacional BiFeGa: Literatura, Cultura e Tradución e Interpretación, unha cita organizada polo grupo de investigación BiFeGa-UVigo, un equipo composto na actualidade por máis de medio cento de especialistas, na que participan como poñentes 25 expertas e expertos, tanto persoal permanente e investigador do propio grupo, como persoas convidadas chegadas desde diferentes partes do mundo.