Xa se están a enviar os novos exemplares de Quero Ser Investigadora II

Quero ser investigadora II xa está de camiño as aulas para seguir fomentando vocacións científicas entre o alumnado e, en especial, nas nenas. Dende a UCC+i estamos a traballar para facer chegar esta nova edición a toda a rapazada dos colexios e institutos da contorna.

O traballo consta dunha recompilación de 10 historias de 10 mulleres investigadoras da Universidade de Vigo en diferentes ámbitos todas elas adaptadas a unha linguaxe sinxela e adaptada aos máis cativos. Ademais, está dispoñible tamén unha nova unidade didáctica con exercicios que servirán de guía e apoio para os docentes para traballar co alumnado nas aulas.

O obxectivo principal do proxecto e dar valor e visibilizar o traballo na ciencia de mulleres contemporáneas e seguir a espertar vocacións científicas na rapazada, tomando como referencia estas figuras femininas.

Entre os anos 2020 e 2021, coa primeira edición, repartíronse 1000 exemplares en toda Galicia e se organizaron unha decena de charlas divulgativas coas súas protagonistas.

Podes atopar nas seguintes ligazóns as versións dixitais dos materiais: