A cultura científica ten que ver co coñecemento das actividades propias da ciencia e dos investigadores, do seu método, dos seus conceptos máis básicos e cos seus valores e a Universidade de Vigo, como institución comprometida co traballo polo aumento da cultura científica da cidadanía, realiza actividades de divulgación dirixidas ao público xeral.

Con estas actividades tratamos de facer chegar a todas e a todos o coñecemento científico, de xeito atractivo e entretido, a través das canles que compartimos e utilizando unha linguaxe accesible e adaptada a cada segmento da poboación: cativos, mozos, adultos…

Actividades de cultura científica na UVigo