Concurso #HiloTesis, conta a túa tese nun fío de Twitter

Joseph Mucira. Pixabay.

Público: Estudantado de doutoramento da Universidade de Vigo ou persoas que defederan a súa tese nos últimos seis meses. Consulta os requisitos en detalle nas bases.
Datas do concurso: 1 ao 23 de abril de 2021
Ditame do xurado nacional: 21 a 28 de maio de 2021
Consultas: xestionucc1@uvigo.gal

Co fin de promover a actividade divulgadora entre o estudantado de doutoramento, a Rede de Divulgación e Cultura Científica (Red Divulga) da CRUE I+D+i e a Universidade de Vigo convocan a primeira edición do concurso «A túa tese de doutoramento nun fío de Twitter: #HiloTesis». As persoas participantes deberán divulgar a súa tese de doutoramento nun fío de non máis de vinte chíos coas limitacións e posibilidades que ofrece a citada rede social.

O concurso desenvolverase en dúas fases, unha universitaria da que sairán tres finalistas, e unha nacional. O premio da fase universitaria será cadanseu pack de produtos UVigo. O premio da fase nacional será unha tablet.

Desenvolvemento do concurso e datas importantes

O concurso desenvolverase entre os días 1 e 23 de abril, ambos os dous incluídos. Non se terán en conta fíos publicados fóra deste período.

Para participar é necesario, unha vez publicado o fío, inscribirse e facilitar a súa ligazón a través do seguinte formulario: http://bit.ly/HiloTesis2021Non se terán en conta fíos non enviados correctamente a través deste formulario.

O concurso desenvolverase en dúas fases:O primeiro chío do fío deberá citar a @RedDivulga, @UVigo e a @UCC_UVigo, e rematar cun «Abro #HiloTesis».

1.º Fase universitaria

Das 00.00 h do 1 de abril ás 23.59 h do 23 de abril de 2021: publicación e envío dos fíos por parte das doutorandas e doutorandos.

Do 26 de abril ao 7 de maio: comunicación dos tres fíos finalistas, que competirán no ámbito nacional.

2.º Fase nacional

Do 21 ao 28 de maio: ditame do xurado nacional e información ás universidades e ás persoas participantes gañadoras.

As candidaturas deberán contar co visto e prace da persoa que dirixa a tese e garantir que a información proporcionada, inserida no fío, enlazada etc., é susceptible de difusión pública. Se as investigacións estivesen vinculadas a algún acordo de confidencialidade, as e os estudantes deberán contrastar coas partes implicadas os contidos utilizados no concurso.

Consulta aquí outras regras importantes e instrucións de participación. Bases.