O vindeiro 30 de maio, Lalín converterase nun espazo para descubrir, aprender e experimentar! Celebramos a expo-feira científica da UCC+i, un evento pensado para achegar a ciencia e a investigación á cidadanía dun xeito ameno e participativo.

Ao longo da xornada, poderanse visitar arredor de vinte e catro obradoiros interactivos, onde grandes e pequenos poderán achegarse ao fascinante mundo da investigación científica. Ademais, haberá actividades paralelas como intervencións artísticas, faladoiros, presentacións de proxectos e obradoiros especiais, que requirirán inscrición previa.

Pola mañá, a feira recibirá a visita do alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do concello, tanto rurais como urbanos. Ao tempo, alumnado de secundaria da contorna experiencias lúdicas e de debate en torno ás Fake News, diversidade e sostibilidade.

Pola tarde, a cita está aberta a todas as familias, con entrada libre e gratuíta, para que poidades gozar dunha tarde diferente e chea de curiosidade científica.


programa aberto

Index

11.15 h | Visitas escolares

16.00 h | Apertura stands

16.15 h | Presentacións exprés (15 min.) 

—Rede de ciencia cidadá de Galicia
—Rede escolas azuis galegas
—Son os insectos a alimentación do futuro?

17.00 h | Faladoiros animados (20 min.)

—Presentación da publicación Quero ser investigadora
—Lalín Enerxía
—Cosmética con denominación de orixe

18.30 h | Charla de clausura signada
Fala que sente: percibindo emocións a través da melodía das linguas

19.15 h | Clausura da feira e espectáculo teatral “Elemental”

Nesta edición haberá actividades novidosas, e daranse a coñecer proxectos punteiros a nivel internacional. A continuación detallamos as actividades que se van desenvolver durante a xornada.

Xogos |Planta -1

AquaMission: unha viaxe científica pola acuicultura

Fisioloxía de peixes e a súa aplicación na acuicultura | CIM

Explora o fascinante mundo da acuicultura sostible a través desta experiencia interactiva e educativa.
Un emocionante xogo de taboleiro a tamaño real para fomentar o pensamento crítico e incentivar o interese pola ciencia e a investigación.

O xogo do salmón

XB2 | CIM

Xogo semellante ao da oca, no que os xogadores e xogdoras interpretan a un salmón que debe ascender dende a desembocadura ata a cabeceira do río, onde se atopa o frezadoiro, lugar no que se reproducen. Ao longo do camiño, deberán evitar barreiras e depredadores, aproveitar aos enxeñeiros/as para entorpecer aos compañeiros e contar coa axuda de ecoloxistas para eliminar os obstáculos para ser os primeiros en chegar e gañar o xogo. 

Stands | exterior

Exploradores da diversidade agroecolóxica

BEV1 | Facultade de bioloxía

Descubre a Europa agrícola co Proxecto AGROSUS:
un paseo interactivo polas 11 rexións bioxeográficas a través de xogos, obradoiros e experiencias sensoriais. Aprende como se cultiva o trigo no campo e no laboratorio, explora a diversidade das patacas galegas e goza dunha cata de viños atlánticos sostibles. Un espazo pensado para todas as idades, onde entender a agroecoloxía é tan entretido como importante. Estás listo para sementar coñecemento? 

Alimentando un futuro saudable e sostible

Grupo InTaGer | Facultade de Ciencias de Ourense

Obradoiros variados sobre alimentación e xestión de residuos: aproveita ao máximo os teus residuos! A miña dieta salva o planeta? Se queres ser forte, debes comer san! Queres ser cociñeiro/a sostible?

Intercambio equivalente

Post-Growth Innovation Lab

Punto de troco para o intercambio de obxectos en bo estado. Co gallo de darlles un segundo uso á roupa, libros, plantas ou outros obxectos que xa terminaron a vida útil cunha persoa e pode continuala noutro fogar.

Explorando o invisible: misión infravermella

Escola de Enxeñaría de Minas

Que se agocha máis alá do que poden ver os teus ollos? A través da termografía infravermella explorarás a radiación ecomo se aplica para observar o mundo que nos rodea. Poderás usar unha cámara termográfica para investigar o contorno e ver como a calor nos conta historias sorprendentes.

Mural | Como introducir a sostibilidade no teu centro?

Post-Growth Innovation Lab

Trátase dun mural colaborativo, no que se recollerán ideas de todas as persoas que queiran participar na actividade. O mural composto coas melloras suxeridas para acadar centros educativos máis sostibles quedará exposto durante toda a feira.

Xeointelixencia artificial e xemelgos dixitais

Xeotech | CINTecx

Explora connosco como a tecnoloxía máis destacada entende o territorio para coidalo mellor. Desde a seguridade viaria mellorada ata a modelización e dixitalización dos recursos hídricos, grazas aos xemelgos dixitais. Coñece os resultados dos proxectos Roads2Win e E-Hydro.

A criptografía e os seus segredos

RGEAF | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Desde que existen sociedades humanas, a comunicación foi esencial. Pero, como protexer a información de ollos alleos? Neste obradoiro, faremos un percorrido polos métodos que ao longo da historia buscaron ocultar e desvelar mensaxes, combinando teoría, xogos e actividades prácticas. Unha oportunidade única para coñecer, experimentar e xogar co fascinante mundo das mensaxes secretas!

Da terra ao espazo pasando pola lúa

Grupo de Tecnoloxía Aeroespacial | atlanTTic

Gustaríache ver un satélite de preto? Aquí poderás atopar maquetas, prototipos e material aeroespacial de última xeración. Ademais, poderás coñecer o seu último proxecto sobre a exploración de covas lunares.

Ciencia, tecnoloxía e innovación

Escola Enxeñaría industrial

Taller didáctico das diferentes áreas da enxeñaría industrial: modelaxe e simulación de sistemas biomédicos; uso do láser escáner; exposición de produtos fabricados por diferentes métodos; control da velocidade automotriz; e creación de novos materiais con lapis 3D.

Coñecendo as pequenas testemuñas do pasado!

XM1 | CIM

Neste posto explorarás mostras e impresionantes réplicas en 3D de microfósiles. Ademais, poderás crear o teu propio fósil e levalo contigo como recordo desta viaxe ao pasado. E se che gustan os retos, haberá xogos que tamén poñerán a proba a túa habilidade e curiosidade. Un espazo para tocar, observar, imaxinar… e levar un anaco da historia da Terra na túa mochila!

Biorrefinarías de insectos e subprodutos alimentarios para un futuro sostible

Biotecnia | Campus auga

Os insectos son o alimento do futuro. Coñece as súas propiedades nutritivas e funcionais, descubre o potencial dos residuos agroalimentarios e transforma a quitina en envases biodegradables.

Compostos bioactivos

NuFoG | Instituto de Agroecoloxía e Alimentación | CITEXVI

Obradoiro para descubrir de xeito práctico e divertido como funcionan as reaccións químicas ácido-base e a relevancia do pH no seu contorno cotián.

Crea, degrada e transforma

BIOSUV | CINTEcX

Sabías que existen alternativas menos contaminantes para o tratamento de augas? Aprende técnicas sorprendentes para eliminar os contaminantes das nosas augas.

Xeotecnoloxías para a dixitalización e a realidade aumentada na toma de decisións

Xeotech | CintecX

Prepárate para unha viaxe interactiva polo presente e futuro da enxeñaría. Desde a detección temperá de danos no formigón armado, ata a realidade aumentada para visualizar entornos 3D e asistir aos operarios en tempo real. Descrubre os resultados dos proxectos OVERSIGHT e SUMARE.

Monopraza | Dende as aulas ata as pistas

uvigo motorsport

Unha oportunidade para ver un monopraza de preto. Vehículo fabricado polo estudantado e preparado para participar en competicións automobilísticas máis importantes do mundo.

Paparruchas: en marcha contra a desinformación

TC1-tecnoloxías da información | AtlantTic
Cp2-comunicación persuasiva | fac. de comunicación
SI4-sistemas informáticos de nova xeración | fac. de informática

Un proxecto itinerante da Universidade de Vigo, co apoio da FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Paparruchas é un punto de encontro para reflexionar sobre os perigos da desinformación e a importancia de acceder a fontes fiables. Porque nun mundo dixital e hiperconectado, a alfabetización mediática e científica é máis necesaria ca nunca.

Obradoiros | Interior

“Hackear” a sostibilidade global e local

Observatorio de Gobernanza G3 | Fac. de Dirección e Xestión Pública, Grao en Dirección e Xestión Pública

O mundo segue o seu curso namentras que algúns pretenden dirixilo hacia o caos, e outros e outras queren crear unha nova sostibilidade. O obradoiro pretende amosar ao alumnado as opcións que ten a cidadanía comprometida cun desenvolvemento que corrixa as desigualdades e sexa máis inclusivo, ético e activo. A idea é proporcionar ferramentas de debate para a implicación humana a idades temperás. Eles e elas son os futuros líderes e xestores do noso mundo global e local.

O libro de artista: do obxecto á expresión material e conceptual

DX5 | digital & graphic art research

Neste obradoiro, os nenos e nenas descubrirán o fascinante mundo do libro de artista, un espazo onde as páxinas se converten en obras de arte únicas.
As crianzas experimentarán con técnicas como o debuxo, a pintura, a colaxe e o pregado creativo, e aprenderán a reutilizar materiais reciclados e ferramentas sinxelas para crear libros que reflictan a súa visión única do mundo.

Inscrición previa

Obradoiro de escrita: a dieta nas fontes de Exipto e Roma

GEAAT

As e os participantes poderán descubrir e recrear antigas técnicas de escritura utilizando materiais tradicionais como papiros, canas e tinta. Estes obradoiros están destinados a persoas maiores de 12 anos e teñen unha duración aproximada dunha hora.

16.30 h e 17.30 h Con inscrición previa

Inscrición previa

Os mapas enganan

CITMAGA

Obradoiro didáctico no que o reto será buscar o camiño máis curto entre Santiago de Compostela e Hong Kong. Coa axuda dun globo terráqueo e un mapa descubriremos a explicación do sorprendente resultado!
Unha actividade que forma parte de Te lo cuentan las mates, que conta co apoio da FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.  

Planta 0 | Inscrición previa

As matemáticas máis máxicas e reais

RITME | RGEAF | Fac. de Educación e Traballo Social | escola superior de enxeñaría informática | CITMAGA

Empregando as matemáticas como base, neste posto poderás gozar de xogos, maxia e retos moi divertidos que che permitirán entender conceptos e temas complexos de lóxica, criptografía, algoritmia ou álxebra. Non o perdas!  

Obradoiros sobre desinformación

TC1-tecnoloxías da información | atlanttic
CP2-comunicación persuasiva | FAC. de comunicación
SI4-sistemas informáticos de nova xeración | fac. de informática

Neste obradoiro interactivo, as persoas participantes converteranse en cazadores e cazadoras de bulos. Recoñecerán e desmontarán noticias falsas a través dun percorrido por diferentes estacións de aprendizaxe e descubrirán os trucos e estratexias para evitar caer na desinformación coa axuda de ferramentas de verificación. Unha experiencia dinámica e participativa que promove o pensamento crítico, a alfabetización mediática e o consumo responsable de información.

Planta 3 | Inscrición previa

Faladoiros exprés | auditorio

Rede de escolas azuis de Galicia

Andreu blanco | CIM

Iniciativa educativa que busca achegar o coñecemento do medio mariño e fluvial ao alumnado, fomentando unha conciencia azul dende idades temperás. A través de proxectos interdisciplinarios, recursos didácticos e a participación de axentes da contorna, promóvese o pensamento azul nas escolas.

Lalín enerxía: unha comunidade enerxética das persoas e das organizacións locais

Xavier Simón e Almudena Fiunte | EC4RURAL/oEGA

Como sería un modelo enerxético pensado dende e para a xente? Podería a veciñanza de Lalín tomar un papel activo na produción e xestión da súa propia enerxía?
Na charla Lalín Enerxía, convidamos a explorar colectivamente estas preguntas a través dunha mirada práctica e colaborativa ás comunidades enerxéticas. Repensaremos o sistema enerxético actual e imaxinaremos como sería construír, desde o local, unha alternativa máis xusta, sostible e democrática.
Un espazo aberto a persoas e organizacións que queiran conectar ideas, vontades e enerxía ao servizo do ben común.

Presentación da Rede de Ciencia Cidadá de Galicia

Cristina Míguez e Brais Suárez | Post-Growth Innovation Lab 

Dende o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab lanzamos a Rede de Ciencia Cidadá Poscrecemento de Galicia.  O obxectivo é tecer unha comunidade de centros educativos que conten co coñecemento, os recursos e o apoio institucional necesario para desenvolver iniciativas de investigación cidadá de forma estable e colaborativa.

Cosmética con denominación de orixe: viñas que coidan a túa pel

Iván Montenegro Vázquez  | FEQx Lab (EQ1), DPto. de EnxEñaría Química

Charla sobre a valorización de residuos da vinificación, importancia dos compostos presentes no viño, as uvas e os residuos vitivinícolas, e as potenciais aplicacións nas industrias cosméticas e farmacolóxicas. 

Relatorio final

Fala que sente: percibindo emocións a través da melodía das linguas

Rosalía Rodríguez Vázquez | LVTC e Lab. de Linguaxe e Cognición | Fac. de Filoloxía e Tradución

Recoñecemos emocións a través da entoación coa que se fala (prosodia emocional). Nas últimas décadas tense investigado moito sobre como recoñecemos estas emocións na fala. Nas investigacións feitas comprobouse que as persoas con formación musical tenden a percibir con máis facilidade certos aspectos do son, como o ton, o ritmo ou o timbre das voces.

Creacións artísticas | auditorio

Danza | A conectividade que nos move

Grupo oceans laB | CIM

A través dun espectáculo de danza contemporánea, poderás descubrir os mecanismos que sosteñen a conectividade ecolóxica e os desafíos aos que se enfronta debido á intervención humana.

Teatro | Elemental

manuel vicente, césar goldi e Juanjo fernández

Cabaré portátil onde se mesturan a música do piano co stand-up, o teatro e as cancións para contar historias agochadas nos 118 elementos da táboa periódica. Historias cheas de humor e algo de drama, que desvelarán a contribución galega á gran pedra de Rosetta da química.

19.15 H. | ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR A CAPACIDADE

30 de maio
Edificio Sociocultural
Rúa de Manuel Rivero
Lalín