O plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta” para o curso 2024-2025, ten como obxectivo xeral a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, entre o estudantado, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral. Para iso, a UCC+i realizará diferentes actividades que poñan en valor e difundan as investigacións que se realizan desde a Universidade de Vigo e que serán un canal de comunicación accesible e activo que sirva de aproximación entre as partes.
O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigacións científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.
As actividades, das que iremos informando con maior detalle, serán as seguintes:
- Formación sobre divulgación para o persoal investigador
- Día da ciencia en galego
- Concurso de Youtubers científicos
- Actividades 11F | A muller e a nena na ciencia
- Día Mundial da Vida Silvestre | Bioblitz
- Día Mundial da Creatividade e a Innovación
- Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
- Feira científica | A ciencia que vén
- Embaixadoras e embaixadores da ciencia e do coñecemento do PUM
Para a súa realización, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Coa colaboración de: