“Ciencia de ida e volta” é o Plan anual de actividades para o curso 2021-2022 da UCC+i da Universidade de Vigo. Estas accións supoñen un regreso á presencialidade despois das dificultades, cambios e cancelacións do 2020. O obxectivo xeral do proxecto é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía, en xeral. Para iso, a UCC+i realizará diferentes actividades que poñan en valor e difundan as investigacións que se realizan desde a Universidade de Vigo e que serán un canal de comunicación accesible e activo que sirva de aproximación entre as partes.
O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigación científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.
As actividades, das que iremos informando con maior detalle, serán as seguintes:
- Formación para o persoal investigador
- Exposición itinerante “100 lunas cuadradas”
- Concurso de vídeos
- 11F na UVigo
- Feira científica
- Podcasts
- Vídeos divulgativos
- Embaixadores de ciencia e coñecemento
- Obradoiro de astronomía
Para a súa realización, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Coa colaboración de