Regresa a feira ‘A ciencia que vén ten nome de muller’ para amosar á sociedade o traballo das investigadoras da UVigo

DUVI | A expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller abrirá as súas portas, por segundo ano consecutivo, o vindeiro 21 de abril na praza do Berbés, estendendo as súas actividades ao edificio Redeiras, onde se celebrará unha conferencia, e ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro, onde se desenvolverá unha visita guiada.