Un modelo eficiente de xestión enerxética a través da aplicación da teoría de xogos cooperativos

Sector enerxético

DUVI | O sector enerxético mundial atópase nun proceso de profunda transformación con dous retos fundamentais. Por unha banda, achegar a electricidade aos 1000 millóns de persoas que aínda carecen dela e aos 3000 millóns de persoas que empregan combustibles contaminantes e, por outra, desenvolver as fontes renovables de enerxía. Ambos restos están integramente ligados, xa que os custes marcadamente máis baixos da enerxía limpa contribúen no proceso de axudar aos países a desenvolver sistemas enerxéticos modernos e seguros.