200 científicos e científicas de nove países debaten no Annual Meeting do CINBIO sobre novas ferramentas para a medicina do futuro

DUVI | Hai seis anos, as e os investigadores de posdoutoramento co Cinbio, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, decidiron poñer en marcha unha cita anual coa investigación máis punteira nas áreas de biomedicina e nanomateriais: o Annual Meeting. A sexta edición desta iniciativa, que se ten consolidado como un encontro científico multidisciplinar de primeiro nivel, arrancou hoxe no campus e boa mostra do seu tirón son os preto de 200 participantes procedentes de nove países diferentes.