Queremos seguirte acompañando ao longo da túa carreira profesional e continuar achegando valor e coñecementos, xa que a aprendizaxe debe ser unha constante nas nosas vidas
Por iso, desde o Observatorio de Egresados presentámosche a oportunidade de seguir estudando na Universidade de Vigo:
Graos
Consulta os diferentes estudos de grao que ofrecemos desde a UVigo.
Mestrados
Estudos oficiais de mestrado, especialización académica, profesional ou iniciación á investigación.
Doutoramento
Programas oficiais de estudos de doutoramento.
Programa universitario de maiores
Un proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura entre as persoas maiores, teñan ou non titulación, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais.
Cursos de posgrao e especialización
Estudos propios de posgrao e especialización. Actividades formativas destinadas á adquisición, perfeccionamento e actualización de coñecementos e competencias.
Cursos de idiomas
O Centro de Linguas da Universidade de Vigo presenta unha ampla oferta de formación específica en linguas (inglés, francés, alemán, portugués, italiano, chinés, lingua de signos, persa, xaponés, árabe e ruso). Conta coa garantía de estar certificado polas entidades de acreditación máis recoñecidas (Instituto Cervantes, ACLES, TOEFL etc.).
Ligazóns de interese
- Instrucións e prazos de matrícula na UVigo
- UniMOOC (Curso en liña, aberto e masivo)
Plataforma de cursos gratuítos en liña accesibles a calquera persoa e practicamente sen límite de participantes. - Cursos de Extensión Universitaria
- Bolsas
Atopa toda a información sobre as bolsas que che poden axudar a financiar a túa carreira universitaria e os seus trámites asociados.