Unha charla con Deborah García Bello abrirá este mércores o Mes da Ciencia da Facultade de Química

DUVI | Química e investigadora, Deborah García Bello é un dos rostros máis coñecidos e premiados da divulgación científica en Galicia e tamén a persoa elixida para inaugurar o Mes da Ciencia da Facultade de Química, unha iniciativa posta en marcha desde o decanato do centro coa colaboración da delegación de estudantes. Será mañá mércores ás 16.30 horas no edificio Redeiras, nunha charla aberta ao público en xeral e que contará tamén coa asistencia da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio.