DUVI | O mes de xuño chega a Vigo cunha nova proposta cultural, o ciclo de coloquios divulgativos Faladoiros no Berbés. Os mundos científicos de Vigo, unha proposta que chega da man da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración co Ateneo Atlántico e coa que se busca achegarlle á cidadanía o traballo que recoñecidas investigadoras e investigadores vigueses están a levar a cabo por todo o mundo da man de persoal investigador da UVigo que traballa no mesmo campo de estudo.