Teatro, saúde, arte e ciencia combínanse nos proxectos gañadores dos Premios Crea

DUVI | A creación dunha obra teatral que permitise formar o público infantil na prevención do afogamento e na realización das manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) e unha instalación artística xurdida dunha investigación centrada na obtención de papeis e tintas a partir dos plantas especies exóticas e invasoras. Estes son os dous proxectos recoñecidos cos IV Premios CREA-Creatividade e Innovación, cos que o proxecto de especialización Campus Crea busca recoñecer investigacións, obras creativas ou proxectos innovadores de carácter interdisciplinar.