Un equipo da EE Forestal desenvolve ferramentas coas que prever a evolución das especies arbóreas invasoras

DUVI | No marco dun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, un equipo de investigadoras e investigadores da Escola de Enxeñaría Forestal traballa no desenvolvemento dunha metodoloxía que, a partir de imaxes de satélite e de tecnoloxía LiDAR, permita identificar e cuantificar a extensión masas arbóreas de especies invasoras como a acacia, que poden causar graves danos ecolóxicos. O grupo de investigación Hidro-Forest, creado neste 2024, é o responsable do proxecto Acacia-Sat, que comprende tamén o desenvolvemento “dun modelo preditivo baseado na aprendizaxe automática”, que permita, explican, estimar a evolución futura das masas de acacia.