O quecemento global podería triplicar as probabilidades de padecer secas no Mediterráneo occidental

DUVI | Un equipo de investigación da Universidade de Vigo e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) realizaron un estudo no que sinalan que o quecemento global podería triplicar as probabilidades de padecer secas no Mediterráneo occidental. Nel apuntan que o transporte atmosférico de humidade, é dicir, a humidade que procede dos océanos e transporta a atmosfera, terá unha maior influencia na aparición de secas na zona euromediterránea debido ao quecemento global. En concreto, estiman que a finais do século XXI as probabilidades de que se produzan secas aumentarán entre dúas e tres veces respecto ás actuais, nun escenario de altas emisións de gases de efecto invernadoiro.