O Programa de Maiores retoma as súas charlas abertas á cidadanía en locais de Vigo, Ourense e Pontevedra

DUVI | Que pasa cando mesturamos cafés, coñecemento e moitas ganas de compartir e aprender? Nace ‘Embaixadores e Embaixadoras da ciencia e do coñecemento’, un ciclo de charlas no que o alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) da Universidade de Vigo cambia as aulas por cafetarías para compartir co conxunto da cidadanía uns minutos ‘de ciencia e vida’.