DUVI | Co gallo do Día da Ciencia en Galicia, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregará este martes, as Medallas de Investigación, coas que a institución recoñece, por primeira vez, a traxectoria de científicas e científicos de prestixio en activo, que desenvolveron a maior parte da súa actividade en Galicia. O catedrático de Economía da Universidade de Vigo Xavier Labandeira é un dos cinco investigadores galardoados pola RAGC, concretamente coa medalla Domingo García- Sabell Rivas, outorgada pola sección de Ciencias Económicas e Sociais da institución académica, que tamén premia aos investigadores e investigadoras da USC, Carlos Díeguez, Alfredo Bermúdez de Castro, María Teresa Moreira e José Luis Mascareñas…