DUVI | Formación durante toda a vida, docencia e divulgación que se estende máis aló dos campus e flexibilidade académica. Estes son os puntos de partida do proxecto Mareas de Coñecemento, unha iniciativa da Universidade de Vigo para expandir as súas actividades formativas á poboación sénior de toda Galicia, unha extensión do Programa de Maiores que pretende chegar máis aló da poboación das cidades nas que se insiren os tres campus.
A primeira edición deste proxecto, que rematou este mes, desenvolveuse durante o último ano e nela participaron arredor de 60 persoas maiores de municipios do Baixo Miño e o Val Miñor…