DUVI | O egresado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e profesor na Universidad Europea del Atlántico Carlos Lago Fuentes é autor da primeira tese centrada no fútbol sala feminino defendida en España. Concretamente, a investigación que realizou no marco do programa de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable da Universidade de Vigo aborda, a través dunha serie de investigacións, como un estudo realizado con 89 xogadoras profesionais, o tipo de lesións máis frecuentes entre estas deportistas e propón medidas de intervención neste eido. Así mesmo, o estudo comprendeu tamén a análise, cun equipo de Primeira División, da carga e contidos do adestramento ao longo dunha tempada.
Ata a defensa de Optimización del rendimiento físico-deportivo en fútbol sala femenino: desde la epidemiología lesional a una propuesta de intervención, que Lago Fuentes realizou baixo a dirección do profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ezequiel Rey, existían en España “pouco máis de 20 teses” que analizaran…