DUVI | Os XIII Premios Sanfi, convocados polo Santander Financial Institute, veñen de distinguir un proxecto sobre a educación financeira de emprendedores e emprendedoras, asinado entre outros polo profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Ernesto López-Valeiras. “O noso estudo céntrase na comprensión dos efectos da alfabetización financeira e o control de xestión no rendemento e supervivencia de pequenas empresas emerxentes”, comenta o docente do campus de Ourense.
O proxecto, titulado Endebedamento, coñecemento financeiro e mentoring: efectos na innovación e a supervivencia das empresas incubadas, acadou concretamente o galardón na categoría de Axudas á Investigación para Novos Investigadores, dotada con 12.000 euros. Ademais de López-Valeiras forman parte do equipo galardoado Jacobo Gómez, da Universidad Autónoma de Madrid, e Beatriz García, da Universidad Carlos III. Este traballo, indican os seus autores, enmárcase nunha liña de investigación sobre…