Un estudo pioneiro explora o potencial da realidade virtual para prescribir exercicio terapéutico a persoas maiores

Realidade virtual con uso terapéutico

DUVI | Avaliar as posibilidades da realidade virtual total ou inmersiva para deseñar e desenvolver programas terapéuticos de actividade física dirixidos a persoas maiores é o obxectivo central dunha liña de investigación pioneira do grupo Healtyfit, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Tomando como punto de partida a hipótese de que este tipo de soportes poden supor un atractivo que xere unha maior adherencia cara a práctica de actividade física e as posibilidades que supoñen á hora de desenvolver terapias máis personalizadas desenvolveuse xa un primeiro estudo piloto con pacientes de párkinson, no marco da tese de doutoramento que Pablo Campo desenvolve baixo a dirección do investigador principal do grupo, José María Cancela, e do profesor da Facultade de Fisioterapia Gustavo Rodríguez.

“O que queremos ver nun principio é o efecto que teñen diferentes propostas de intervención terapéutica con realidade virtual nunha poboación con perfís patolóxicos diferentes”, explica Cancela, que apunta que as aplicacións terapéuticas da realidade virtual inmersiva só…