Unha tese busca cuantificar os beneficios das substitucións no rendemento dun equipo de fútbol

Alexis Cabo

DUVI | Realizar os tres cambios permitidos nun partido oficial é unha estratexia habitual entre os adestradores de fútbol, ademais de ser “un dos poucos medios dos que dispoñen para tratar de reverter unha situación adversa”, como apunta o investigador da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Alexis Padrón Cabo. Tratar de achegar “evidencias científicas”, a través da análise do rendemento, do impacto que as substitucións teñen durante un partido é un dos obxectivos centrais da tese de doutoramento deste investigador, que comprobou como os xogadores que entran desde o banco incrementan en preto do 24% as distancias percorridas a alta intensidade respecto daqueles que disputan o partido completo.

Dirixida polo profesor Ezequiel Rey, a tese Analysis of the selection process and the technical-tactical decisions in professional soccer, pola que Padrón Cabo era recentemente recoñecido co premio extraordinario de doutoramento da Universidade de Vigo, ten como obxectivo…