A Competición de Robots da EEI cubriu as 156 prazas ofertadas na primeira semana do prazo de inscrición

Competición de robots

DUVI | Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo segue a superarse a si mesma e tras cinco anos conseguiu cubrir na primeira semana do prazo de inscrición para participar na vindeira edición as 156 prazas ofertadas. Non obstante, ante a gran demanda rexistrada a organización da proba decidiu incluír os máis 20 equipos que quedaran en lista de agarda, co que a cifra total de equipos ascende a 190, o que se traduce en máis de 1000 estudantes, dos que un 40% son rapazas, de centros de ESO, Bacharelato e universidade, de toda Galicia. A competición celebrarase o 24 de abril e na súa sexta edición estreará novas categorías: BE-ROBOT para estudantado de ESO e Bacharelato, en substitución de WALL-e, e DeMO-ROBOT, para alumnado de graos e FP, que toma a remuda á categoría R2D2. Ademais, nesta edición a competición, organizada pola EEI en colaboración coa Rama de Estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) e a Sección de Estudantes da International Society of Automation (ISA), contará con novas probas e novo kit, se ben, os participantes que o desexen poderán competir co de edicións anteriores.

“A valoración non pode ser máis positiva e non por o feito de pechar as prazas antes do remate do período de inscrición, que tamén é un reflexo do interese que esperta co concurso, senón por ter de novo a posibilidade de compartir unha xornada chea de ilusións, retos e experiencias na que os rapaces e rapazas son os protagonistas”, sinala Juan Pardo, director da EEI respecto da competición, que ten o obxectivo de…