A presenza de residuos de funxicidas no medio fermentativo pode alterar o aroma do viño

Thais Sieiro

DUVI | “A presenza de residuos de funxicidas no medio fermentativo pode ocasionar cambios a nivel xénico nos lévedos, o que pode alterar o perfil aromático dos viños. Polo tanto, é moi importante respectar as doses de aplicación e os prazos de seguridade recomendados polos fabricantes destes produtos, non só para garantir a obtención dun produto inocuo para o consumidor senón tamén para maximizar a súa calidade organoléptica”. Esta é a principal conclusión da tese de doutoramento da investigadora da Universidade de Vigo Thais Sieiro na que abordou o impacto dalgúns dos principais funxicidas empregados no sector.

A tese, dirixida por Raquel Rial e Carmen González, foi presentada na Facultade de Ciencias do campus de Ourense baixo o título Impacto dos funxicidas sobre o metabolismo dos lévedos vínicos e a súa implicación na biosíntese de compostos volátiles responsables do aroma. A idea de afondar neste eido de estudo, indica a investigadora do Grupo de Nutrición e Bromatoloxía, xurdiu tendo en conta…