DUVI | A contaminación das rías, o cambio climático ou o carallo de mar son algún dos temas sobre os que achegarán os seus coñecementos investigadores e investigadoras do Centro de Investigación Mariña ao programa formativo #AfundacionEnCasa.
Como explican dende o Campus do Mar, trátase dunha “colaboración coa Obra Social de ABANCA a través da iniciativa #AfundacionEnCasa”, mediante a cal ao longo do mes de xuño e tamén co motivo do Día Mundial dos Océanos, “tres investigadores do Centro de Investigación Mariña van ser os relatores de tres ponencias centradas en diferentes temáticas mariñas co fin de facer chegar a investigación a toda a familia”. Os relatorios, que terán lugar os días 9, 23 e 30 de xuño, vanse emitir en streaming a través da canle de Afundación. Outras tres conferencias desenvolveranse en outono.